Deixa de pensar que o jazz é difícil ou que só é para certo tipo de músicos, porque nesta Master Class terás a oportunidade de adentrarte neste estilo musical e darte conta de que se che gusta tocar e tes curiosidade polo jazz, ti tamén podes divertirte con él. Estarás nas mans dun dos mellores músicos de jazz da vila de Redondela a nivel internacional, e con el pasaremos unha mañá incrible descubrindo a maxia do JAZZ.

Fernando Sánchez

Saxofón


 

Fernando Sánchez é un saxofonista, multi instrumentista e compositor. Nado en Redondela en 1985, comeza os estudos de piano e saxofón á idade de 9 anos. Despois de estudar saxofón clásico no Conservatorio Superior de Música de Vigo, trasládase a Portugal á idade de 22 anos para estudar a Licenciatura em Música, Variante de Jazz na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto.

Tras graduarse coas máximas calificacións, múdase á cidade de Amsterdam para realizar un posgrao no prestixioso Conservatorium van Amsterdam, onde estuda con Ferdinand Povel, Jasper Blom e Joris Roelofs.

Dende entón, reside nos Países Baixos, onde actúa con diferentes formacións propias e tamén colabora con bandas como a Jazz Orchestra of the Concertgebouw, The BvR Flamenco Big Band, Pol Belardi Urban Voyage, Pablo Martínez Group, Eleonora Strino Quartet, New Cool Collective, Joëlle Goldman Big Band, entre outros.

Actuou en festivais internacionais como o North Sea Jazz Festival (NL), London Jazz Festival (UK),
Music Under the Summer Air (Shanghai, CN), Saarbrücker Jazz Festival (DE), Like a Jazz Machine (LU),
Flamenco Biënnale (NL), International Duke Ellington Conference,Südtirol Jazz Festival Alto Adige (IT), Gentse Feesten (BE), Braga Jazz Festival (PT), Festa do Jazz do São Luiz (PT), Festival Porta-Jazz (PT), Amersfoort Jazz Festival (NL), etc.

Gañou o concurso Keep an Eye Foundation “The Records” en dúas ocasións, coas bandas
Urban Voyage e BvR Flamenco Big Band, tamén o premio ao mellor solista na Festa do Jazz 2009, así como o segundo premio no concurso Jovens Músicos, organizado pola RTP portuguesa.

Durante estes anos ten tocado con artistas como The Four Tops, The Temptations, Madeline Bell, Benjamin Herman, Eric Ineke, Dennis Mackrel, Dick Oatts, Jose James, Terrell Stafford, Orquestra Jazz Matosinhos, Nuno Ferreira,
Jerry González, entre moitos outros.

 

DISCOGRAFÍA

 

- JOËLLE GOLDMAN BIG BAND ( 2018 )

- LUZ DE LUNA - BvR Flamenco Big Band ( 2017, Karonte )

- URBAN VOYAGE - Pol Belardi ( 2016, Unit Records )

- MANDALA - Carlos López ( 2016, Jazz Activist )

- JALEO HOLANDÉS - BvR Flamenco Big Band ( 2015, Amstel Records )

- MONGOOSE TREE - Foxy Freire ( 2015, FreeCode Jazz Records )

- ALJAMIA - Coreto Portajazz ( 2012, Carimbo Porta Jazz )

- JAZZ FROM GALIZA! - Xacobe Martínez Antelo ( 2010, FreeCode Jazz Record )

 

FERNANDO SÁNCHEZ QUARTET

 

- Fernando Sánchez - Saxofón

- Miguel Rodríguez - Piano

- Iago Fernández - Batería

- Paco Charlín - Contrabaixo