Neste espazo, estudio non profesional e cunha persoa non profesional que manipula os aparellos, tes a posibilidade de gravar a un coste que non atoparás noutros estudios. Por que tan barato? Porque aquí ímonos a centrar na primeira fase de gravación, que é a captación do son, e porque como ben dixen ó principio, isto non é un estudio profesional. O obxectivo é chegar a ter un material sonoro válido para escoitar e facerse unha idea do contido, pero que ao mesmo tempo tamén sirva para levar a un estudio profesional a facer o mastering final. 

        Se non queres, ou non podes gastar moitos cartos, pero necesitas ter unha gravación sinxela que sirva para divulgar o teu traballo, podemos facelo aquí. 

Mostra da última gravación feita neste espazo en 2023.

Grupo: CANTATORRELLA

Canción: Preludio