CAMPAMENTO MUSICAL 2024

Benvidos ao Campamento Musical 2024 de Ao Teu Ritmo! Este verán, mergúllate no mundo da música e ven a pasalo como nunca. O noso campamento lévase a cabo durante os meses de xullo e agosto, ofrecendo aos participantes a oportunidade de explorar diversos instrumentos musicais e participar en emocionantes actividades artísticas, como a construción de instrumentos. O noso enfoque é proporcionar unha experiencia musical flexible e única, onde cada participante ten a liberdade de explorar a súa creatividade ao máximo. Únete a nós e descobre a túa paixón pola música!


¿Qué é o Campamento Musical 2024?

     O Campamento Musical 2024 é un programa de verán deseñado para brindar aos participantes unha experiencia enriquecedora no mundo da música. Durante o campamento, as nenas e nenos terán a oportunidade de aprender a tocar unha variedade de instrumentos, participar en actividades creativas e descubrir novas paixóns musicais. Cada semana terán tamén a oportunidade de coñecer novos instrumentos con outros músicos e profesionáis do sector.

¿Qué actividades imos realizar?

     Durante o Campamento Musical 2024, os participantes realizarán actividades como coñecer e tocar unha gran variedade de instrumentos de vento, corda e percusión, manualidades relacionadas coa construción de instrumentos, sesións de composición e produción musical, sesións audiovisuais de carácter educativo, sesións de música e movemento, expresión musical, percusión corporal, canto, baile, saídas ao aire libre e, tamén terán a oportunidade de coñecer a outros músicos que virán a facer unha mostra co seu instrumento. O noso obxectivo é proporcionar unha experiencia integral que impulse a creatividade e o amor pola música.

Exemplo do contido dunha mañá.

 

Exemplo de contido dunha sesión.

     Este horario é un exemplo xeral do que podería ser unha sesión, e cada día será algo diferente para poder realizar nunha semana as diferentes actividades e contidos programados. 

     Ao longo das diferentes semanas estaremos en contacto cunha gran variedade de instrumentos como o piano, teclado, guitarra española, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, laúd, bandurria, ukelele, saxofón, clarinete, flauta travesera, asubíos, ocarinas, birimbaos, djémbé, darbuka, bongós, batería, gaita e percusión tradicional galega, entre outros.

 

9:00h a 09:10h - Chegada ao espazo.

09:10h a 10:00h - Descubrimos e tocamos un instrumento.

10:00h a 11:00h - Construción de un instrumento.

11:00h a 12:30h - Saída ao parque. Merenda e sesión en exterior de música e movemento.

12:30h a 13:15h - Composición e produción musical.

13:15 a 14:00h - Karaoke e pequena percusión.