Algunha vez sentiches curiosidade por saber un pouco máis sobre este instrumento? Cómo se fabrica? Cómo se toca? Será difícil de aprender en comparación con outros instrumentos? Cal é a súa orixe? Todas estas cuestións e outras tantas máis falaranse nesta breve mostra familiar a cargo de Lorena Reinaldo, unha das mellores arpistas e constructora de arpa da nosa comunidade.
Lorena Reinaldo
Arpa Celta
A pesar da súa xuventude leva máis de 20 anos adicándose á construción de instrumentos musicáis. Todo comeza no ano 1998 cando Lorena decide matricularse no conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo ( a actual E-mao ) onde cursa os seus estudos con Rodrigo Romaní. Ao mesmo tempo que estudia arpa matricúlase no Taller de Luthería Antiga da mesma escola, fabricando así ela mesma a súa primeira arpa.
O feito de pertencer a distintas formacións como arpista, tanto no cuarteto Lulavai como na Orquesta Folk Son de Seu fai que coñeza á perfección as necesidades deste instrumento. Ao longo dos anos non se limitou so á construción de arpas senon que abarca tamén outros instrumentos de corda como bouzoukis, guitarras e mandolinas.
Durante estes últimos anos o seu traballo de investigación levouna a construir a súa primeira arpa eléctrica, realizada cun sistema de amplificación exclusivamente para ese modelo. Os seus instrumentos caracterízanse pola súa lixeireza e sonoridade así como pola beleza dos seus deseños. Moitos dos mellores músic@s do panorama galego conta en escea con algunha das súas creacións.