Vieira Board Game
Únete á Diversión en Vieira Board Game
Ao Teu Ritmo súmase a colaborar na tarde de Vieira Board Game, un espazo ideal para reunirse e gozar xogando. Este evento é perfecto para todos os amantes dos xogos de mesa, xa que o xogo do día será o popular Xogo de Cartas Pokémon. Ademáis, haberá unha selección de outros xogos de mesa multixogador para que poidas pasalo ben e compartir un bo rato cos teus amigos e familiares. Non importa se eres principiante ou experto, ou a idade que teñas, xa que haberá mesas para todos os gustos, dificultades e idades. Ben e pasa unha tarde divertida e chea de risas, estratexia e boa compañía.

Programación do Evento
Benvidos! A programación do noso evento é a seguinte:
- Ás 16:00h será a apertura de portas, dando a benvida a todos os que se vaia achegando.
- Ás 16:20h realizaremos a presentación do noso Xogo do Día, cunha breve charla sobre o emocionante Xogo de Cartas Pokémon. Non vaias faltar, porque será unha oportunidade única para aprender máis sobre esta popular franquicia.
- Ás 16:30h abriremos as mesas cos diferentes xogos, os cales estarán adaptados a varios niveis e dificultades, para que todos poidan participar e gozar xogando.
Esperámoste para compartir unha tarde divertida e entretida.

Voluntarios
Se che gustan os xogos de mesa e queres botar unha man, precisamos voluntarios para as mesas de xogo. Ponte en contacto con nos e che explicamos os detalles.
Telf: 617418933
Mail: vieiraboardgame@gmail.com

Colaboradores
Agradecemos moitísimo ao Kiosko e tenda Celesthadas e á tenda La Revancha por prestarse sen pensalo a botar unha man nesta iniciativa, sendo unha experiencia piloto den precedente pero que espera poder ter unha continuidade.